• Por Sergio Mella
     
    22 Enero, 2010Deixar un comentario

    Abrimos o programa cunha introducción na que falamos da  declaración de Guerra á Sgae levada a cabo por un avogado e que xa conta con moitos seguidores.  de feito o grupo creado en Facebook ten xa máis 20.000 membros. O motivo desta declaración de guerra ven do intento da Sgae de que entre en vigor a polémica Lei de Economía Sostible.

    Demos a coñecer o teléfono móbil co que o xigante Google se quere enfrontar ao, xa establecido, IPhone de Apple, o Nexus One.

    Este dispositivo leva instalado o Android, sistema operativo creado tamén por Google, e que xa leva tempo a verse en diferentes dispositivos portátiles. Ademáis tamén contará con cámara de 5 megapíxeles con flash incorporado, GPS, brúxula e total conectividade, 3G (no audio decimos por erro que non ten 3G), Bluetooth, Wifi. Todo nun dispositivo cun deseños sobrio, semellante ao Iphone, cunha pantalla lixeiramente máis grande e de maior resolución 800×480 (fronte 320×480 do IPhone).

    Ademáis este teléfono conta cun procesador, un Snapdragon a 1 GHz, que lle aporta unha potencia gráfica superior á do IPhone.

    Non o poidemos probar pero todo apunta a que se convirta no Gadget do ano, os da mazá inda que xa contan cun dispositivo totalmente introducido no mercado, han ter que se poñer as pilas que queren manter o seu nivel de vendas.

    Escoitar aquí:  

    Como aperitivo, deixo un simpático vídeo de presentacion do “desempaquetado” do Nexus One:


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Antonio Rodríguez
     
    21 Mayo, 2009Deixar un comentario

     Aproveitando a recente denuncia por parte das discográficas a Pablo Soto, creador español de programas P2P como Manolito, Piolet ou Blubster, retomamos o debate das descargas en Internet, e o empeño por parte de discográficas, SGAE, e outros organismos en demonizar esté tipo de tecnoloxías, protocolos de comunicación totalmente lícitos e necesarios na rede de hoxe, en prol dos seus propios intereses. 

    Aquí deixamos un enlace á unha breve participación nun artigo do Faro de Vigo sobre o tema en cuestión.

    Outras webs de interese: www.todoscontraelcanon.eswww.filmica.com/david_bravo

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting