• Por Antonio Rodríguez
     
    9 Octubre, 2009Deixar un comentario

    Hoxe falamos sobre a seguridade nas redes inalámbricas. Mecanismos que empregan de cifrado (WEP, WPA,…) e consellos para ter comunicacións seguras tanto na rede da nosa casa, coma cando nos conectamos fóra dela.

     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Antonio Rodríguez
     
    16 Octubre, 2008Deixar un comentario

    Hoxe en día topamonos en moitas facetas da nosa vida diaria coa necesidade de lembrar contrasinais e números PIN. O noso móvil, a tarxeta do banco, o correo electrónico… son tantas as claves que temos que moitas veces imos ó fácil e escollemos unha palabra ou número moi fácil de recordar ou moi obvio, o cal está compromentendo a nosa información privada.

    Moita xente quitalle importancia a isto, a veces autoenganandose con frases como “de todas manerias dame igual que lean o meu correo, non teño nada que esconder”, ou “a miña contrasinal é unha palabra que só eu coñezo”.  Sen embargo, esas afirmacións non son máis que o producto de unha falsa sensación de seguridade e do descoñecemento do usuario medio do mecanismo das contrasinais á hora de protexer os datos. É por iso que o 99% dos accesos non autorizados a unha información persoal ou clasificada baseanse na confianza e o descoñecemento do propio usuario.

    Imos analizar os erros máis comúns á hora de escoller unha clave, os mitos sobre a importancia ou non de protexer uns datos determinados, e os mecanismos internos das contrasinais.

    Ler o artigo completo


    Clasificado baixo: Consellos
  • Por Antonio Rodríguez
     
    6 Marzo, 2008Deixar un comentario

    Primeiro podcast de Tecnívoros.

    Aínda que non é o primeiro programa emitido na radio si é o primeiro co que nos estreamos online. Neste programa falamos sobre virus informáticos; cales son os mecanismos de infección máis frecuentes e algúns consellos para evitar infeccións indesexadas.

    Escoitao aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting