• Por Sergio Mella
     
    14 Octubre, 2009Deixar un comentario

    Aparte de ser un coñecido héroe de comic, Shazam é unha interesante aplicación que lle engade ao noso móbil a habilidade de recoñecer calquera canción que estemos a escoitar.

    Para conseguilo basta con acceder á súa web www.shazam.com, está dispoñible para a maioría das plataformas (Blackberry, Android, Iphone…). O seu uso é moi sinxelo, basta con deixar que o móbil “escoite” uns 10 segundos da canción que nos interese e despois de analizala obteremos o título e autor da canción así coma algunha información extra que poderán ser enlaces a youtube para vídeos musicais da canción, obter a discografía do autor ou grupo, mesmo enviala ao tweeter.

    Logo Shazam

    Ollo, para que este servizo funcione, inda que é totalmente gratuíto e necesario que o dispositivo se poida conectar a internet para enviar a análise da canción e recibir os datos.

    Testeamos a aplicación nun pub con ruido de fondo e recoñeceu a canción á primeira, inda que se o volume é demasiado elevado pódese dar o caso de que non funcione. Tamén probamos con cancións rebuscadas e puidemos comprobar que contan cunha ampla base de datos.

    Unha alternativa ao Shazam é o Midomi que conta cunha web en castelán e ofrece servizos similares.

    A partires de agora xa contades cunha nova arma para cando non recoñezas ou non lembres o título desa canción que estás a escoitar.


    Clasificado baixo: Aplicacións Móbeis
  • Por Antonio Rodríguez
     
    26 Febrero, 20091 comentario

    robot.jpgHai unha tecnoloxía para cada sentido, no programa de hoxe falamos da posibilidade de integralas para conseguir darlle vida a un robot.

    Deixamos unha serie de enlaces do comentado no programa, algúns son enlaces á wikipedia desde a que ao mesmo tempo atoparedes enlaces a programas de interese.

     

    Escoitar aquí:

     


    Clasificado baixo: Podcasting