Por Sergio Mella
18 Diciembre, 2009
Ca chegada do nadal a xente busca agasallos orixinais e nos damos algunhas ideas. Partimos de dous posibles agasallos estrela deste nadal un as cafeteiras Nespresso e outros os lectores de E-Books (Kindle, Papyre, outros…) pero hai diferentes tendas on-line onde atopar pequenos regalos orixinais e divertidos:
Yo quiero uno de esos
Think Geek
Coolest Gadgets
Yanko Design
Tegu
Supermagnete (imanes)
Escoitar aquí:
Por Uxio Fernández
18 Diciembre, 2008
Neste programa presentamos diferentes alternativas á consola de turno para facerlle o agasallo de reis aos pequenos da casa.
Escoitar aquí:
Presentamos Swinxs unha especie de consola ca que os nenos practican xogos tradicionais coma o escondite, a pillada etc, para máis información entrade aquí.
Outra opción para as nenas é o Centro de Beleza Dixital, que se conecta a un televisor e co que a nena pode probar como lle quedarían diferentes estilos.
Se queremos que se inicien na fotografía temos as diferentes cámaras dixitais para nenos, algunhas delas decoradas cos seus personaxes de debuxos favoritos, mesmo unha cámara espía.
E por último os diferentes robots coma Spykee que conta con wiki, videovixilancia e unha chea de prestacións, Tekno o canciño que pode servir cando un cativo se encapricha dun can ou Lego Mindstorms que son diferentes dispositivos para adaptar nos xoguetes de lego e convertilos en robots contan con sensores de movemento, son, luz e que brindan infindas posibilidades de ampliación e complexidade de dos que se poden atopar moitos traballos en youtube.

Por Antonio Rodríguez
11 Diciembre, 2008
Achegase o Nadal e moita xente ten pensado regalar un ordenador os seus fillos. Hoxe damos algunhas recomendacións á hora de escoller o PC que máis convén para estos casos.
Escoitar aquí: