• Por Sergio Mella
     
    30 Abril, 2009Deixar un comentario

    Queremos dar a coñecer unha nova forma de facer fotografías que deron en chamar lomografía. Este concepto nace das cámaras Lomo Kompakt fabricadas no 1982 para o pobo soviético pola Unión de Ópticos e Mecánicos de Leningrado (Leningrádskoje Optiko Mechanitschéskoje Objedinénie).

    Uns estudantes decidiron mercar un par de cámaras Lomo cas que se adicaron sacar fotos sen pensar, nin usar o visor. Ao revelar os carretes descubriron que polas características das propias cámaras e polo xeito de tomar as fotos o resultado eran unhas fotos en moitos casos desenfocadas pero moi luminosas e saturadas e en todo caso moi frescas polo que decidiron montar un negocio e unha nova filosofía fotográfica, naceu a Lomografía.

    lomografia.jpg

    Co tempo esta filosofía foise expandindo polo mundo e fundáronse sociedades lomográficas en diferentes países, se estás interesado en saber máis, ou adquirir una cámara lomo aquí tes algúns elaces de interese:

    A Lomografía na Wikipedia

    Tenda on-line da Sociedade Lomográfica

    Sociedade Lomográfica Española

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting