• Por Sergio Mella
     
    3 Diciembre, 2009Deixar un comentario

    Actualmente existe novos e moi bos navegadores de internet ¿por qué seguir usando o obsoleto e problemático IE 6? actualízao, instala o Explorer 8, o novo FireFox ou o Google Chrome entre moitos outros. Facilitámosche o traballo cos seguintes enlaces a centros de descarga dos navegadores máis importantes, son todos totalmente gratuítos.

    Internet Explorer 8

    Mozilla Firefox

    Google Chrome

    Opera

    Apple Safari

    E lembra actualizar tamén os plugins coma Flash Player.

    Cando instales e actualices navegadores de internet trata de evitar engadir barras coma a “barra de google” ou a “msn tool bar” agora “bing” a non ser que sexa algo que necesites ou utilices. Os antivirus por exemplo, tamén engaden barras aos navegadores de internet, non desaconsellamos o seu uso pero cando se acumulan barras de ferramentas a ventana na que se amosan as páxinas web faise cada vez máis pequena o que dificulta a navegación, non é máis que un consello, a decisión é túa.


    Clasificado baixo: Consellos
  • Por Sergio Mella
     
    14 Octubre, 2009Deixar un comentario

    Aparte de ser un coñecido héroe de comic, Shazam é unha interesante aplicación que lle engade ao noso móbil a habilidade de recoñecer calquera canción que estemos a escoitar.

    Para conseguilo basta con acceder á súa web www.shazam.com, está dispoñible para a maioría das plataformas (Blackberry, Android, Iphone…). O seu uso é moi sinxelo, basta con deixar que o móbil “escoite” uns 10 segundos da canción que nos interese e despois de analizala obteremos o título e autor da canción así coma algunha información extra que poderán ser enlaces a youtube para vídeos musicais da canción, obter a discografía do autor ou grupo, mesmo enviala ao tweeter.

    Logo Shazam

    Ollo, para que este servizo funcione, inda que é totalmente gratuíto e necesario que o dispositivo se poida conectar a internet para enviar a análise da canción e recibir os datos.

    Testeamos a aplicación nun pub con ruido de fondo e recoñeceu a canción á primeira, inda que se o volume é demasiado elevado pódese dar o caso de que non funcione. Tamén probamos con cancións rebuscadas e puidemos comprobar que contan cunha ampla base de datos.

    Unha alternativa ao Shazam é o Midomi que conta cunha web en castelán e ofrece servizos similares.

    A partires de agora xa contades cunha nova arma para cando non recoñezas ou non lembres o título desa canción que estás a escoitar.


    Clasificado baixo: Aplicacións Móbeis
  • Por Antonio Rodríguez
     
    1 Octubre, 2009Deixar un comentario

    O 28 de Maio de 2009 o xigante Google presentaba, no Google I/O, o Google Wave, O 30 de Setembro de 2009, repartiu as primeiras 100.000 invitacións, ca finalidade de que se fose probando este innovador sistema de comunicación que funde red social, chat, e correo electrónico aproveitándo tamén as posibilidades de Google Maps e do tradutor en tempo real desenvolvido por Google do que voltaremos falar máis adiante.

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    23 Abril, 2009Deixar un comentario

    Hoxe lembramos algunhas técnicas para mellorar as buscas en Google e, por extensión, en calquera buscador de internet. Tamén comentamos algunhas procuras curiosas aparecidas nos nosos blog.

    lupa.jpg

     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Manuel Vilariño
     
    5 Marzo, 20092 comentarios

     Hoxe falamos dos dereitos de imaxe en internet, especialmente en redes sociais.  Do programa podemos deducir tres cousas

    • Os menores de idade so poden saír na fotografía con permiso explicito dos seus pais.
    • Permítense todas as fotografías sacadas na vía ou lugares públicos, exceptuando aos menores.
    • As fotografías sacadas en lugares privados debense publicar sempre co consentimento dos protagonistas.

    Inda así todo isto ten os seus matices e o mellor é que ante a dúbida non publiquemos a fotografía. 

    Escoitar aquí:    

    Para máis dúbidas o mellor e visitar webs coma a da Asociación de Internautas. Deixamos algúns enlaces de interese:


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Antonio Rodríguez
     
    9 Octubre, 2008Deixar un comentario

    Aproveitando o recente viaxe de Manuel Vilariño ás terras orientales, votamos unha ollada dende o noso punto de vista occidental ós mitos e realidades de China e Internet, e falamos un pouquiño sobre o retoque fotográfico e as “trampas” que se fan con el.

     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    31 Julio, 2008Deixar un comentario

    Hoxe facemos un repaso dos servizos de Internet imprescindibles que todo internauta novel debería descubrir para comezar as suas andadas por este gran mar de información que chamamos Internet.

     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting