Cesar alierta, presidente executivo de Telefónica, fixo unhas declaracións nas que defende que se debería cobrar aos buscadores de internet que paguen unha tasa ás operadoras polo uso que fan das súas liñas. A polémica esta servida.
Tamén comentamos varias novas curiosas, coma a da unha empresa de venda on-line de videoxogos que posue a alma de 7000 clientes.
Abrimos o programa cunha introducción na que falamos da declaración de Guerra á Sgae levada a cabo por un avogado e que xa conta con moitos seguidores. de feito o grupo creado en Facebook ten xa máis 20.000 membros. O motivo desta declaración de guerra ven do intento da Sgae de que entre en vigor a polémica Lei de Economía Sostible.
Demos a coñecer o teléfono móbil co que o xigante Google se quere enfrontar ao, xa establecido, IPhone de Apple, o Nexus One.
Este dispositivo leva instalado o Android, sistema operativo creado tamén por Google, e que xa leva tempo a verse en diferentes dispositivos portátiles. Ademáis tamén contará con cámara de 5 megapíxeles con flash incorporado, GPS, brúxula e total conectividade, 3G (no audio decimos por erro que non ten 3G), Bluetooth, Wifi. Todo nun dispositivo cun deseños sobrio, semellante ao Iphone, cunha pantalla lixeiramente máis grande e de maior resolución 800×480 (fronte 320×480 do IPhone).
Ademáis este teléfono conta cun procesador, un Snapdragon a 1 GHz, que lle aporta unha potencia gráfica superior á do IPhone.
Non o poidemos probar pero todo apunta a que se convirta no Gadget do ano, os da mazá inda que xa contan cun dispositivo totalmente introducido no mercado, han ter que se poñer as pilas que queren manter o seu nivel de vendas.
Escoitar aquí:
Como aperitivo, deixo un simpático vídeo de presentacion do “desempaquetado” do Nexus One:
Ultimamente nos distintos medios estase a falar moito do Sistema Integrado de Interceptación Telefónica ou Sitel e fixémonos eco destas novas neste podcast.
En resumo o Sitel trátase dun sistema capaz de interceptar e analizar calquera tipo de comunicación dixital telefónica (chamadas, mensaxes e mesmo a ubicación xeográfica) adquirido polo goberno de España por case 10 millóns de euros nunha empresa Danesa especializada en solucións informáticas e telecomunicacións para forzas policiais.
Despois de diversos retrasos comezou a funcionar sobre o 30 de novembro de 2003. Inda que non está considerado oficialmente coma ilegal ou anticonstitucional recentes informacións indican a lexislación ao respecto non é suficiente. O seu uso esta sempre supeditado á control xudicial non podendo utilizarse este sistema sen permiso dun xuiz, o problema xurde a raíz dunhas sospeitas que din que se utilizou pasando por alto isto ultimo.
No programa debatimos un pouco sobre o tema sen etrar en demasiadas profundidades técnicas.
Máis información sobre o sitel nos seguintes enlaces:
A aplicación móbil protagonista de hoxe foi o Google Latitude, unha nova funcionalidade do xigante de internet que nos permite compartir cos nosos amigos a nosa ubicación xeográfica, para o optimo funcionamento desta aplicación é necesario contar cun móvil con gps, pero é posible introducir a ubicación de xeito manual. Trátade dunha sinxela rede social na que os usuarios comparten a súa ubicación e utiliza ao google maps para amosar aos usuarios no mapa.
Pódese descargar entrando aquí a través do terminal móbil. Lamentablemente non se atopa dispoñible para Iphone pero según Google, estarao moi pronto.
Moi recentemente Google Street View engadiu as imaxes das estradas N-525 ao seu paso polos municipios de A Estrada, Silleda e Lalín, así coma do tramo da AP-53 entre Silleda e Lalín, e da N-640 hacia Agolada. E comentamos as bondades deste sistema que permite ver as cidades a pe de rúa.
Tamén comentamos as ventaxas do uso de Spotify para os amantes da música. Esta aplicación permitenos escoitar calquera cancion por streaming e de xeito gratuíto inserta cuñas publicitarias entre canción e canción, por suposto, se queremos evitar esta publicidade ofrécennos un acceso de pago “premium”, que son 9,99 € ao mes ou ben un acceso durante 24 horas por so 0,99 €.
Tamén acábase de lanzar a versión beta de Voddler, un sistema similar ao Spotify, pero aqui non son cancións o que accedemos de xeito gratuíto se non películas, que veremos tamén por streaming e, loxicamente, teremos que tragar algo de publicidade. A seguinte imaxe é unha captura de pantalla da aplicación, por agora o acceso á mesma é por invitación.
Estas dúas ferramentas dannos acceso a contidos baixo demanda e en pouco tempo pode que se fagan imprescindibles, xa non necesitaremos o emule…
No tocante a Aplicacións Móbeis suxerimos a idea de instalar nos móviles con acelerómetros unha aplicación que os convirte en “niveis” que nos axudarán a cousas coma colocar un cadro ben dereito ou saber a inclinación do chan onde imos colocar una tenda de campaña.
O 28 de Maio de 2009 o xigante Google presentaba, no Google I/O, o Google Wave, O 30 de Setembro de 2009, repartiu as primeiras 100.000 invitacións, ca finalidade de que se fose probando este innovador sistema de comunicación que funde red social, chat, e correo electrónico aproveitándo tamén as posibilidades de Google Maps e do tradutor en tempo real desenvolvido por Google do que voltaremos falar máis adiante.
Hoxe lembramos algunhas técnicas para mellorar as buscas en Google e, por extensión, en calquera buscador de internet. Tamén comentamos algunhas procuras curiosas aparecidas nos nosos blog.
Posicionar as nosas webs nos buscadores de forma axeitada é algo que cobrou moita importancia nestos tempos, xa que é vital que os visitantes potenciais poidan atopala o máis fácilmente posible. Para isto hai que seguir unha serie de boas prácticas á hora de deseñala e escribir o seu contido, de xeito que os algoritmos de Google a indexen nas primeiras páxinas para as busquedas que nos interesan. Estas prácticas chamanse técnicas de SEO (Search Engine Optimization), e aínda que dependen de moitos parámetros, non é complicado facer un bo deseño tendo un pouco de sentido común.