• Por Sergio Mella
     
    21 Noviembre, 2009Deixar un comentario

    Ultimamente nos distintos medios estase a falar moito do Sistema Integrado de Interceptación Telefónica ou Sitel e fixémonos eco destas novas neste podcast.

    En resumo o Sitel trátase dun sistema capaz de interceptar e analizar calquera tipo de comunicación dixital telefónica (chamadas, mensaxes e mesmo a ubicación xeográfica) adquirido polo goberno de España por case 10 millóns de euros nunha empresa Danesa especializada en solucións informáticas e telecomunicacións para forzas policiais.

    Despois de diversos retrasos comezou a funcionar sobre o 30 de novembro de 2003. Inda que non está considerado oficialmente coma ilegal ou anticonstitucional recentes informacións indican a lexislación ao respecto non é suficiente. O seu uso esta sempre supeditado á  control xudicial non podendo utilizarse este sistema sen permiso dun xuiz, o problema xurde a raíz dunhas sospeitas que din que se utilizou pasando por alto isto ultimo.

    No programa debatimos un pouco sobre o tema sen etrar en demasiadas profundidades técnicas.

    Máis información sobre o sitel nos seguintes enlaces:

    Sitel en 12 preguntas.

    Sitel requiere un control.

    Aplicacións Móbeis: Google Latitude

    A aplicación móbil protagonista de hoxe foi o Google Latitude, unha nova funcionalidade do xigante de internet que nos permite compartir cos nosos amigos a nosa ubicación xeográfica, para o optimo funcionamento desta aplicación é necesario contar cun móvil con gps, pero é posible introducir a ubicación de xeito manual. Trátade dunha sinxela rede social na que os usuarios comparten a súa ubicación e utiliza ao google maps para amosar aos usuarios no mapa.

    Pódese descargar entrando aquí a través do terminal móbil. Lamentablemente non se atopa dispoñible para Iphone pero según Google, estarao moi pronto.

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting