• Por Antonio Rodríguez
     
    11 Septiembre, 2008Deixar un comentario

    Certas tareas informáticas requiren dunha capacidade de proceso inmensa, que non se pode acadar nin tendo presupostos infinitos para invertir en hardware. É por elo que aparece a computación distribuida; empregar os ordenadores de xente de todo o mundo actuando coma unha gran matriz unificada que traballa na mesma tarea.

    Especialmente destacamos o proxecto Folding @ home da universidade de Stanford, un proxecto de investigación médica no que calquera persoa pode colaborar con só instalar un programa no seu ordenador, que axudará a realizar as complexísimas simulacións que fan falla para coñecer o funcionamento das proteínas, que poden ser a clave para curar enfermidades como o Alzheimer ou incluso canceres.

    Dende aquí animamovos encarecidamente a que participedes no proxecto, xa que é un xesto moi sinxelo e unha causa noble.

     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting