Hoxe en día topamonos en moitas facetas da nosa vida diaria coa necesidade de lembrar contrasinais e números PIN. O noso móvil, a tarxeta do banco, o correo electrónico… son tantas as claves que temos que moitas veces imos ó fácil e escollemos unha palabra ou número moi fácil de recordar ou moi obvio, o cal está compromentendo a nosa información privada.
Moita xente quitalle importancia a isto, a veces autoenganandose con frases como “de todas manerias dame igual que lean o meu correo, non teño nada que esconder”, ou “a miña contrasinal é unha palabra que só eu coñezo”. Sen embargo, esas afirmacións non son máis que o producto de unha falsa sensación de seguridade e do descoñecemento do usuario medio do mecanismo das contrasinais á hora de protexer os datos. É por iso que o 99% dos accesos non autorizados a unha información persoal ou clasificada baseanse na confianza e o descoñecemento do propio usuario.
Imos analizar os erros máis comúns á hora de escoller unha clave, os mitos sobre a importancia ou non de protexer uns datos determinados, e os mecanismos internos das contrasinais.


