Por Uxio Fernández
16 Octubre, 2008
Presentación oficial deste blog na sección sobre informática e tecnoloxía que ofrecemos en Radio Lalín como parte do programa “Entre Nos”, os Xoves as 11:00 da mañá, o cal nutre o noso podcast.
Dende aquí queremos agradecer a David Mejuto a sua axuda suministrandonos cada Xoves os mp3 para o podcast.
Recordamovos que podedes enviarnos suxerencias dende o blog se queredes que falemos de algún tema en particular no programa.
Escoitar aquí:
Por Uxio Fernández
15 Octubre, 2008
Gravatar e un servizo web gratuito que permite asociar unha imaxe a unha conta de correo electrónico. Esa imaxe chamase avatar, de ahí o nome do servizo, e sirve para identificar a unha persoa pola sua imaxe (xa sea unha imaxe real ou unha de dibuxos animados) dentro dun blog ou outro tipo de webs que soporten ese sistema, simplemente empregando o seu email. Este servizo aforra o esforzo de poñer unha imaxe avatar en todos os blogs que escribamos, sen ter que configuralo en cada un de eles.
Ler o artigo completo