• Por Sergio Mella
     
    19 Febrero, 20091 comentario

    No programa de hoxe comentamos os atallos de teclado máis frecuentes e que todo usuario debería coñecer xa que axilizan o traballo.

    Escoitar aquí:    

    A continuación deixamos unha lista dos atallos de teclado que consideramos máis importantes, alguns deles son so para pc con Windows, sendo WIN a tecla que se atopa entre o CONTROL e o ALT.

    • CTRL+C Copiar a selección ao Portapapeis.
    • CTRL+X Cortar a selección ao Portapapeis.
    • CTRL+V Pegar o contido no Portapapeis.
    • CTRL+Z Desfacer a última acción.
    • CTRL+E Seleccionar todo.
    • CTRL+W Pechar ventá.
    • CTRL+I Ver Favoritos.
    • ALT + F4 Pecha a ventana (sustitúe o facer clic na X) ollo, se non hai ventás apaga o equipo.
    • TABULADOR Cambia o cursor entre diferentes campos te texto (en páxinas webs ou programas) ou cambia a zona activa (no sistema operativo)
    • WIN + E (de Explorer). Xa non é necesario buscar a icona de “Mi PC”, con este atallo faise aparecer o Explorador de Windows.
    • WIN + D (de Desktop). Minimiza tódalas ventás facendo aparecer o escritorio. Pulsando de novo Windows + D voltaremos á situación anterior. É equivalente a facer clic no icono que aparece no inicio rápido ao lado do botón Inicio.
    • WIN  Fai aparecer o menú Inicio, coma se pulsáramos o botón correspondente.
    • WIN + F (de Find). Arranca o buscador xeral de Windows. 
    • WIN + R (de Run). Aparece o menú “Executar”. 
    • WIN + L (de Login). Para cambiar de usuario (para versións a partires de Windows XP). 
    • WIN + U (de Utilities). Fai aparecer as utilidades de accesibilidade (a partire de Windows 2000). 
    • Windows + F1. Abre a axuda de Windows. 
    • F5 Actualiza o contido da ventá.
    • CONTROL + Roda do rato : Facer zoom, ou dependendo do programa ou sistema operativo cambiar o tipo de vista ou tamaño dos iconos.
    • En procesadores de texto doble clic fai que se seleccione o texto compreto.
    • CONTROL + ALT + SUPR dependendo da versión do windows abre ou da acceso ao Administrador de Tarefas para cando un programa se bloquea e queremos pechalo sen ter que apagar o equipo.
    • Para word e programas de proceso de textos CONTROL máis diferentes letras, no caso de word N, K, S, poñen o texto seccionado en Negrita, Cursiva ou Suliñado respectivamente, a letra en cuestión soe aparecer no botón que fai esa misma operación.
    • CONTROL + CLIC ESQUERDO En navegadores de internet con navegación por pestanas abre o enlace nunha nova pestana moi útil.
    Hai unha chea deles máis e a maioría pódense usar en diferentes programas, o caso de CONTROL+C e CONTROL+V para copiar pegar é practicamente un estandar.

     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting