• Por Sergio Mella
     
    22 Octubre, 2009Deixar un comentario

    Estamos no Ano Internacional da Astronomía, e como xa falamos nun podcast, existen diversas aplicacións que fan do noso pc ou mac un planetario virtual, pero cando saímos pola noite a ver as estrelas non sempre temos un portátil a man polo que unha aplicación que faga o mesmo pero no noso móbil permítenos orientarnos perfectamente no ceo, ubicar as estrelas e coñecer as súas características con total liberdade de movementos.

    Existen diferentes aplicacións que fan que o noso teléfono móbil se convirta nun completo planetario.

    Unha de elas é, o xa comentado, Star Walk, que se trata dun producto oficial IYA2009 pero que só está dispoñible para o Iphone. Trátase dun completo planetario no que poderemos coñecer as características e ubicación das estrelas de xeito doado. Tamén permite ver como se van desprazando no ceo co paso do tempo, sen dúbida indispensable para os amantes da astronomía que conten co teléfono de Apple.

    Vídeo Demostración do Star Walk

     

    Para os usuarios de móbiles Android a poción é Sky Map, que se pode descargar directamente co móbil a través do Android Market.

    Vídeo Demostración do Sky Map

    E por último se o teu móbil é symbian poderás instalar o MicroSky, unha aplicación máis sinxela cas anteriores pero que, coma todas, permite identificar correctamente as estrelas, constelacións e planetas que se atopan no firmamento, o unico que se necesita é unha noite sen nubes e un lugar con pouca contaminación lumínica.Microsky - Captura de pantalla


    Clasificado baixo: Aplicacións Móbeis
  • Por Sergio Mella
     
    18 Junio, 2009Deixar un comentario

    O 2009 e o Ano Internacional da Astronomía, diferentes asociacións estan a organizar actividades para que a xente se interese un pouco máis polo tema. Para os usuarios que comezan e tamén para os expertos hoxe ofrecemos varias aplicacións gratuítas que permiten ver o ceo desde o pc ou mesmo desde o teléfono móvil, entendemos que estas aplicacións son para o seu uso coma referencia, coma axuda no visionado para aprender e coñecer qué e o que se está a observar, distiguir constelacións, localizar planetas …

    iya_logo_gal-159x300.jpgRecomendamos as seguintes aplicacións:

    Google Earth: Como non podería ser doutra maneira, Google implementou nesta aplicación a posibilidade de ver as estrelas e constelacións e todo con unha chea de datos enlacados, fotografías e información dos astros.

    Celestia: Un pouco máis sinxelo que o Eath, no que ata se poden atopar as naves e satélites artificiais, permite a inclusión de diferentes “add-on” que te levan de viaxe polo cosmos, podes descargalos en Proyecto Celestia

    Stellarium: Completo planetario virtual que nos permite saber que é o que podemos ver nun determinado momento desde unha determinada posición que introducimos previamente. Podemos seleccionar cada obxecto para obter información del. Moi útil coma referencia nos visionados.

    Para teléfonos móviles:

    Microsky: Aplicación para móviles que soporte Java, serve como referencia é coma levar un completo planetario no peto.

    Star Walk (enlace para usuarios de ITunes): Aplicación para IPhone, de tódalas comentadas é a única de pago, pero por pouco diñeiro (3,99 €) podes ter no teu Iphone , Ipod Touch un completo planetario, moi doado de utilizar e que amosa, coma o Stellarium, que é o que podemos ver nun determinado momento desde unha determinada posición que introducimos previamente. Ademáis é un produto oficial do IYA 2009, sen dúbida moi recomendable tanto para quen se está a iniciar na observación astronómica. Unha pena que so  estea dispoñible para Iphone, para velo funcionar podedes entrar aquí.

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting