• Por Antonio Rodríguez
     
    15 Enero, 2010Deixar un comentario

    Presentamos a aplicación on-line, Photoshop.com permítenos almacenar e editar as nosas fotografías, existen outras webs onde podemos atopar aplicacións semellantes coma Pixlr. Outro exemplo máis de aplicacións “na nube”, moi pronto non necesitaremos ter nin un sistema operativo instalado, so unha conexión de banda ancha.

    Ademais Photoshop.com tamén ofrece unha aplicación móbil, máis limitada pero totalmente gratuíta.

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    14 Octubre, 2009Deixar un comentario

    Aparte de ser un coñecido héroe de comic, Shazam é unha interesante aplicación que lle engade ao noso móbil a habilidade de recoñecer calquera canción que estemos a escoitar.

    Para conseguilo basta con acceder á súa web www.shazam.com, está dispoñible para a maioría das plataformas (Blackberry, Android, Iphone…). O seu uso é moi sinxelo, basta con deixar que o móbil “escoite” uns 10 segundos da canción que nos interese e despois de analizala obteremos o título e autor da canción así coma algunha información extra que poderán ser enlaces a youtube para vídeos musicais da canción, obter a discografía do autor ou grupo, mesmo enviala ao tweeter.

    Logo Shazam

    Ollo, para que este servizo funcione, inda que é totalmente gratuíto e necesario que o dispositivo se poida conectar a internet para enviar a análise da canción e recibir os datos.

    Testeamos a aplicación nun pub con ruido de fondo e recoñeceu a canción á primeira, inda que se o volume é demasiado elevado pódese dar o caso de que non funcione. Tamén probamos con cancións rebuscadas e puidemos comprobar que contan cunha ampla base de datos.

    Unha alternativa ao Shazam é o Midomi que conta cunha web en castelán e ofrece servizos similares.

    A partires de agora xa contades cunha nova arma para cando non recoñezas ou non lembres o título desa canción que estás a escoitar.


    Clasificado baixo: Aplicacións Móbeis