• Por Sergio Mella
     
    18 Diciembre, 2009Deixar un comentario

    Ca chegada do nadal a xente busca agasallos orixinais e nos damos algunhas ideas. Partimos de dous posibles agasallos estrela deste nadal un as cafeteiras Nespresso e outros os lectores de E-Books (KindlePapyre, outros…) pero hai diferentes tendas on-line onde atopar pequenos regalos orixinais e divertidos:

    Yo quiero uno de esos

    Think Geek

    Coolest Gadgets

    Yanko Design

    Tegu

    Supermagnete (imanes)

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Uxio Fernández
     
    18 Diciembre, 20081 comentario

    Neste programa presentamos diferentes alternativas á consola de turno para facerlle o agasallo de reis aos pequenos da casa.

    Escoitar aquí:     

    Presentamos Swinxs unha especie de consola ca que os nenos practican xogos tradicionais coma o escondite, a pillada etc, para máis información entrade aquí.

    Outra opción para as nenas é o Centro de Beleza Dixital, que se conecta a un televisor e co que a nena pode probar como lle quedarían diferentes estilos.

    Se queremos que se inicien na fotografía temos as diferentes cámaras dixitais para nenos, algunhas delas decoradas cos seus personaxes de debuxos favoritos, mesmo unha cámara espía.

    E por último os diferentes robots coma Spykee que conta con wiki, videovixilancia e unha chea de prestacións, Tekno o canciño que pode servir cando un cativo se encapricha dun can ou Lego Mindstorms que son diferentes dispositivos para adaptar nos xoguetes de lego e convertilos en robots contan con sensores de movemento, son, luz e que brindan infindas posibilidades de ampliación e complexidade de dos que se poden atopar moitos traballos en youtube.

    agasallotecnoloxico.jpg



    Clasificado baixo: Podcasting