Xa estamos de volta. Despois de un descanso estival Tecnívoros reabre as súas portas cun novo horario en Radio Lalín, agora estaremos tódolos venres ás 11:15 horas
Hoxe falamos dunha nova tecnoloxía que se esta introducindo nas nosas salas de cines, a proxección de películas en 3D.
Ao principio as películas que se emitian como cine en tres dimensións baseaban a súa técnica na cor. O espectador levaba unhas gafas con cristais (realmente era unha especie de celofán) de diferente cor para cada ollo, normalmente azul e vermello. A película contaba con dúas imaxes superpostas con cores que serán vistos por un e outro ollo de cor oposta a do anteollo. O resultado é que cada ollo ve a imaxe que lle corresponde, e consíguese unha sensación de profundidade inda que non daba bos resultados cas cores.
Actualmente, as gafas de carton e celofán cambiárones por outras que levan un filtro LCD que se sincroniza co sistema de proxección para tapar un ollo ou outro según corresponda. Proxéctanse dúas películas á vez, de feito utilízanse proxectores que son realmente proxectore dobres, estas películas proxectan fotogramas intercalados e corresponden únha a cada ollo, cando na pantalla se proxecta o fotograma correspondente ao ollo esquerdo as gafas tapan o dereito e viceversa. Isto realízase a unha frecuencia o suficientemente alta coma para que non sexamos capaces de captar os parpadeos e a sensación 3d e moito mellor que co sistema antigo.
Actualmente, compañías fabricantes de televisores coma Sony ou Philips están a desenvolver sistemas de emisión 3d que non necesitan das gafas para conseguir a sensación de profundidade, a chegada desta tecnoloxia aos fogares permitirannos non só desfrutar de películas ou documentais 3d, tamén poderemos meternos dentro de videoxogos de última xeración.
Escoitar aquí:


