No programa de hoxe explicamos os coidados da batería (ollo non coma as da foto…) que se poden resumir nos seguintes, aviso, estes consellos son para baterías de Ión-Litio:
- Cando se compra un novo gadget deberase cargar a batería ata o 100%
- Non é necesario realizar ciclos de carga e descarga para darlle un rodaxe inicial á batería pero non deixa de ser recomendable.
- Inda que as baterías de Ión-Litio levan un circuito que corta o paso da enerxía unha vez completaron a carga se se trata dun portatil pode ser recomendable extraela mentres traballamos con el enchufado xa que a calor que produce o pc pode restarlle eficiencia e mesmo danar a batería.
- Alonxar as baterías da calor e evitar deixar os teléfonos, reproductores de mp3 etc no coche se este queda ao sol.
- Produrar que as conexións metálicas da batería se manteñan limpas.
- Se imos almacenar á batería ou a deixar de traballar co aparello durante un tempo deberemos cargala ao 100% ao contrario do que faríamos se se tratara dunha batería de Niquel-Cadmio.
Tamén comentamos a chegada de baterías de combustible e cargadores solares integrados nos dipostivos.
Escoitar aquí:


