Neste programa presentamos diferentes alternativas á consola de turno para facerlle o agasallo de reis aos pequenos da casa.
Escoitar aquí:
Presentamos Swinxs unha especie de consola ca que os nenos practican xogos tradicionais coma o escondite, a pillada etc, para máis información entrade aquí.
Outra opción para as nenas é o Centro de Beleza Dixital, que se conecta a un televisor e co que a nena pode probar como lle quedarían diferentes estilos.
Se queremos que se inicien na fotografía temos as diferentes cámaras dixitais para nenos, algunhas delas decoradas cos seus personaxes de debuxos favoritos, mesmo unha cámara espía.
E por último os diferentes robots coma Spykee que conta con wiki, videovixilancia e unha chea de prestacións, Tekno o canciño que pode servir cando un cativo se encapricha dun can ou Lego Mindstorms que son diferentes dispositivos para adaptar nos xoguetes de lego e convertilos en robots contan con sensores de movemento, son, luz e que brindan infindas posibilidades de ampliación e complexidade de dos que se poden atopar moitos traballos en youtube.




2 Enero, 2009 as 19:16 pm
Ola!
Jiji, graciñas, por que no programa de agasallos de nadal, no primeiro, falachedes das tabletas gráficas, e jajja, pedinlla aos reis, a wacom bamboo fun 6, e ala, xa a teño, vou comenzar a fedellar con ela, e xa vos contarei.
Por certo, dende a Aula de Dinamizacion da SI de Castrelo de Miño, estamos a levar a cabo unha iniciativa similar a vosa, e mitimos na Radio Ribeiro todolos luns un programa sobre novas tecnoloxias para principiantes, programa no que ademais as veces interveñen alumnos da aula. Podedes atopar os podcast na web do concello de castrelo, na seccion multimedia, o programa chamase Enrédate!
Bueno, pois iso, graciñas por todo, dende Castrelo de Miño e eu persoalmente sempre fiel aos vosos podcast, voltade pronto!