• Por Antonio Rodríguez
    13 Diciembre, 2008

    You need to a flashplayer enabled browser to view this YouTube video

    Decimos futuro, aínda que xa casi é o presente. Estamos acostumados a ver dispositivos táctiles nos últimos móbiles (coma o iPhone) e outros dispositivos, pero as interfaces de usuario naturais, ou interfaces multitouch van moito máis alá, e de aquí a moi poucos anos vanse convertir nos dispositivos máis empregados na nosa vida coitá, desterrando o rato e o teclado, para interactuar con todo tipo de aparatos tocando só a pantalla.

    Falamos de multi touch, ou multi toque,  porque deixamos de ter un só punteiro a ter todolos que queiramos, empregando só os dedos, e incluso interactuar varias persoas o mesmo aparato ó tempo.

    Deixamovos un video do noso prototipo de estudio para que vos fagades unha idea do que suporá esta tecnoloxía nas nosas vidas.

    Nota: O noso prototipo non está rematado, falta o proxector que emitiría a imaxe sobre a propia mesa, pero podese ver no monitor como funciona.

    Para máis información técnica sobre esta tecnoloxía podedes visitar www.moebiuz.org

    Tags: , , ,

1 comentario

spacer
  • Sergio Mella di:

    Sen dúbida moi interesante, haberá que ir pensando no seguinte proxecto de i+d mentres se lle dan os derradeiros retoque a este. Curioso que se me ve no vídeo ao fondo e pasando de todo…

Deixar un comentario