Novidades tecnolóxicas, o último e o que está a piques de chegar.
-Pantallas olet (Organic light-emitting transistors), similares ás pantallas oled pero ata 100 veces máis eficiente que estas, máis flexibles e finas.
-Un empregado de Apple esquece un prototipo do Iphone 4 sobre a barra dun bar ¿descoido ou estratexia de marketing? vindo de apple penso que o segundo.
En canto a Tecnocine comentamos a película “Piratas de Silicon Valley” na que descubrimos a orixe de empresas rivais coma Microsoft e Apple.
Cesar alierta, presidente executivo de Telefónica, fixo unhas declaracións nas que defende que se debería cobrar aos buscadores de internet que paguen unha tasa ás operadoras polo uso que fan das súas liñas. A polémica esta servida.
Tamén comentamos varias novas curiosas, coma a da unha empresa de venda on-line de videoxogos que posue a alma de 7000 clientes.
Apple estrea un novo dispositivo, o iPad, e ven rodeado de polémica por causa das súas grandes carencias:
-Non sporta Flash.
-Non é multitarea.
-¡Non ten USB! nin ranura para tarxetas de memoria (e por suposto tampouco para cd/dvd).
-Non ten cámara.
-A pantalla ten certas limitacións, ao ser retroiluminada o seu uso para lectura de e-book é bastante limitado
O que si ten o iPad é o respaldo dunha marca coma Apple e un estupendo grupo de expertos en marketing que conseguirán, sen dúbida, que sexa un éxito de vendas.
Tocaba falar de videoxogos, a última xeración de videoconsolas trata de seguir a estela da wii e preséntanos outras ideas para levantarnos do sofá para xogar, a xbox presenta o Proxecto Natal (agora xa bautizado coma Kinect) según o cal o xogador cos seus movementos e sen o uso de ningún mando ou sensor, tan só cun dispositivo colocado a carón do tv, poderá xogar e mesmo utilizar e moverse entre os menús da consola.
Existen diversas competicións internacionais nas que os participantes son robots, bueno, realmente a competición é entre equipos de desenvolvemento adicados a robótica que utilizan pequenos robots para demostrar cal é o mellor.
Hai competicións de diferente tipo algunhas son robots que loitan para destrozarse entre si e outras, coma a Robocup, teñen carácter deportivo. Na Robocup os robots xogan o fútbol.
E en España, na Universidade de Valencia, hai un equipo que irá a competir no Mundial de Singapur.
Nesta competición o traballo dos enxeñeiros é desenvolvero o mellor software para os robots, xa que son todos iguais, tan só se encargan do “cerebro” dos robots.
A realidade aumentada (RA) é o termo que se usa para definir unha visión directa ou indirecta dun entorno físico do mundo real no que os seus elementos se combinan con elementos virtuais para a creación dunha realidade mixta en tempo real o que nos pode aportar unha realidade máis atractiva ou información extra.
Antes de sacar un produto ao mercado, os fabricantes de tecnoloxía realizan prototipos e estudan conceptos de deseño para os seus gadgets. Hoxe comentamos algún deles, deixo enlaces e un par de vídeos dos que falamos no programa.