• Por Sergio Mella
     
    3 Diciembre, 2009Deixar un comentario

    Actualmente existe novos e moi bos navegadores de internet ¿por qué seguir usando o obsoleto e problemático IE 6? actualízao, instala o Explorer 8, o novo FireFox ou o Google Chrome entre moitos outros. Facilitámosche o traballo cos seguintes enlaces a centros de descarga dos navegadores máis importantes, son todos totalmente gratuítos.

    Internet Explorer 8

    Mozilla Firefox

    Google Chrome

    Opera

    Apple Safari

    E lembra actualizar tamén os plugins coma Flash Player.

    Cando instales e actualices navegadores de internet trata de evitar engadir barras coma a “barra de google” ou a “msn tool bar” agora “bing” a non ser que sexa algo que necesites ou utilices. Os antivirus por exemplo, tamén engaden barras aos navegadores de internet, non desaconsellamos o seu uso pero cando se acumulan barras de ferramentas a ventana na que se amosan as páxinas web faise cada vez máis pequena o que dificulta a navegación, non é máis que un consello, a decisión é túa.


    Clasificado baixo: Consellos
  • Por Antonio Rodríguez
     
    16 Octubre, 2008Deixar un comentario

    Hoxe en día topamonos en moitas facetas da nosa vida diaria coa necesidade de lembrar contrasinais e números PIN. O noso móvil, a tarxeta do banco, o correo electrónico… son tantas as claves que temos que moitas veces imos ó fácil e escollemos unha palabra ou número moi fácil de recordar ou moi obvio, o cal está compromentendo a nosa información privada.

    Moita xente quitalle importancia a isto, a veces autoenganandose con frases como “de todas manerias dame igual que lean o meu correo, non teño nada que esconder”, ou “a miña contrasinal é unha palabra que só eu coñezo”.  Sen embargo, esas afirmacións non son máis que o producto de unha falsa sensación de seguridade e do descoñecemento do usuario medio do mecanismo das contrasinais á hora de protexer os datos. É por iso que o 99% dos accesos non autorizados a unha información persoal ou clasificada baseanse na confianza e o descoñecemento do propio usuario.

    Imos analizar os erros máis comúns á hora de escoller unha clave, os mitos sobre a importancia ou non de protexer uns datos determinados, e os mecanismos internos das contrasinais.

    Ler o artigo completo


    Clasificado baixo: Consellos
  • Por Uxio Fernández
     
    15 Octubre, 2008Deixar un comentario

    Gravatar e un servizo web gratuito que permite asociar unha imaxe a unha conta de correo electrónico. Esa imaxe chamase avatar, de ahí o nome do servizo, e sirve para identificar a unha persoa pola sua imaxe (xa sea unha imaxe real ou unha de dibuxos animados) dentro dun blog ou outro tipo de webs que soporten ese sistema, simplemente empregando o seu email. Este servizo aforra o esforzo de poñer unha imaxe avatar en todos os blogs que escribamos, sen ter que configuralo en cada un de eles.

    Ler o artigo completo


    Clasificado baixo: Consellos