• Por Sergio Mella
     
    22 Octubre, 2009Deixar un comentario

    Estamos no Ano Internacional da Astronomía, e como xa falamos nun podcast, existen diversas aplicacións que fan do noso pc ou mac un planetario virtual, pero cando saímos pola noite a ver as estrelas non sempre temos un portátil a man polo que unha aplicación que faga o mesmo pero no noso móbil permítenos orientarnos perfectamente no ceo, ubicar as estrelas e coñecer as súas características con total liberdade de movementos.

    Existen diferentes aplicacións que fan que o noso teléfono móbil se convirta nun completo planetario.

    Unha de elas é, o xa comentado, Star Walk, que se trata dun producto oficial IYA2009 pero que só está dispoñible para o Iphone. Trátase dun completo planetario no que poderemos coñecer as características e ubicación das estrelas de xeito doado. Tamén permite ver como se van desprazando no ceo co paso do tempo, sen dúbida indispensable para os amantes da astronomía que conten co teléfono de Apple.

    Vídeo Demostración do Star Walk

     

    Para os usuarios de móbiles Android a poción é Sky Map, que se pode descargar directamente co móbil a través do Android Market.

    Vídeo Demostración do Sky Map

    E por último se o teu móbil é symbian poderás instalar o MicroSky, unha aplicación máis sinxela cas anteriores pero que, coma todas, permite identificar correctamente as estrelas, constelacións e planetas que se atopan no firmamento, o unico que se necesita é unha noite sen nubes e un lugar con pouca contaminación lumínica.Microsky - Captura de pantalla


    Clasificado baixo: Aplicacións Móbeis
  • Por Sergio Mella
     
    14 Octubre, 2009Deixar un comentario

    Aparte de ser un coñecido héroe de comic, Shazam é unha interesante aplicación que lle engade ao noso móbil a habilidade de recoñecer calquera canción que estemos a escoitar.

    Para conseguilo basta con acceder á súa web www.shazam.com, está dispoñible para a maioría das plataformas (Blackberry, Android, Iphone…). O seu uso é moi sinxelo, basta con deixar que o móbil “escoite” uns 10 segundos da canción que nos interese e despois de analizala obteremos o título e autor da canción así coma algunha información extra que poderán ser enlaces a youtube para vídeos musicais da canción, obter a discografía do autor ou grupo, mesmo enviala ao tweeter.

    Logo Shazam

    Ollo, para que este servizo funcione, inda que é totalmente gratuíto e necesario que o dispositivo se poida conectar a internet para enviar a análise da canción e recibir os datos.

    Testeamos a aplicación nun pub con ruido de fondo e recoñeceu a canción á primeira, inda que se o volume é demasiado elevado pódese dar o caso de que non funcione. Tamén probamos con cancións rebuscadas e puidemos comprobar que contan cunha ampla base de datos.

    Unha alternativa ao Shazam é o Midomi que conta cunha web en castelán e ofrece servizos similares.

    A partires de agora xa contades cunha nova arma para cando non recoñezas ou non lembres o título desa canción que estás a escoitar.


    Clasificado baixo: Aplicacións Móbeis