• Por Sergio Mella
     
    26 Marzo, 2010Deixar un comentario

     
    Tocaba falar de videoxogos, a última xeración de videoconsolas trata de seguir a estela da wii e preséntanos outras ideas para levantarnos do sofá para xogar, a xbox presenta o Proxecto Natal (agora xa bautizado coma Kinect) según o cal o xogador cos seus movementos e sen o uso de ningún mando ou sensor, tan só cun dispositivo colocado a carón do tv, poderá xogar e mesmo utilizar e moverse entre os menús da consola.

     

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    19 Marzo, 2010Deixar un comentario

    Existen diversas competicións internacionais nas que os participantes son robots, bueno, realmente a competición é entre equipos de desenvolvemento adicados a robótica que utilizan pequenos robots para demostrar cal é o mellor.

    Hai competicións de diferente tipo algunhas son robots que loitan para destrozarse entre si e outras, coma a Robocup, teñen carácter deportivo. Na Robocup os robots xogan o fútbol.
    E en España, na Universidade de Valencia, hai un equipo que irá a competir no Mundial de Singapur.
    Nesta competición o traballo dos enxeñeiros é desenvolvero o mellor software para os robots, xa que son todos iguais, tan só se encargan do “cerebro” dos robots.

    Máis info: Robocup, Robocup Junior.
     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Antonio Rodríguez
     
    12 Marzo, 2010Deixar un comentario

    A realidade aumentada (RA) é o termo que se usa para definir unha visión directa ou indirecta dun entorno físico do mundo real no que os seus elementos se combinan con elementos virtuais para a creación dunha realidade mixta en tempo real o que nos pode aportar unha realidade máis atractiva ou información extra.

    Máis info na wikipedia.

    Escoitar aquí:    

    Nestes enlaces podedes experimentar ca realidade aumentada, necesitaredes imprimir unha folla e unha cámara web.
    A Enterprise de Star Trek
    Enerxías Renovables
    Mini Cabrio

    E aquí deixo un par de vídeos interesantes


    Clasificado baixo: Podcasting