• Por Sergio Mella
     
    21 Noviembre, 2009Deixar un comentario

    Ultimamente nos distintos medios estase a falar moito do Sistema Integrado de Interceptación Telefónica ou Sitel e fixémonos eco destas novas neste podcast.

    En resumo o Sitel trátase dun sistema capaz de interceptar e analizar calquera tipo de comunicación dixital telefónica (chamadas, mensaxes e mesmo a ubicación xeográfica) adquirido polo goberno de España por case 10 millóns de euros nunha empresa Danesa especializada en solucións informáticas e telecomunicacións para forzas policiais.

    Despois de diversos retrasos comezou a funcionar sobre o 30 de novembro de 2003. Inda que non está considerado oficialmente coma ilegal ou anticonstitucional recentes informacións indican a lexislación ao respecto non é suficiente. O seu uso esta sempre supeditado á  control xudicial non podendo utilizarse este sistema sen permiso dun xuiz, o problema xurde a raíz dunhas sospeitas que din que se utilizou pasando por alto isto ultimo.

    No programa debatimos un pouco sobre o tema sen etrar en demasiadas profundidades técnicas.

    Máis información sobre o sitel nos seguintes enlaces:

    Sitel en 12 preguntas.

    Sitel requiere un control.

    Aplicacións Móbeis: Google Latitude

    A aplicación móbil protagonista de hoxe foi o Google Latitude, unha nova funcionalidade do xigante de internet que nos permite compartir cos nosos amigos a nosa ubicación xeográfica, para o optimo funcionamento desta aplicación é necesario contar cun móvil con gps, pero é posible introducir a ubicación de xeito manual. Trátade dunha sinxela rede social na que os usuarios comparten a súa ubicación e utiliza ao google maps para amosar aos usuarios no mapa.

    Pódese descargar entrando aquí a través do terminal móbil. Lamentablemente non se atopa dispoñible para Iphone pero según Google, estarao moi pronto.

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    16 Noviembre, 2009Deixar un comentario

    Escoitar aquí:  

    Moi recentemente Google Street View engadiu as imaxes das estradas N-525 ao seu paso polos municipios de A Estrada, Silleda e Lalín, así coma do tramo da AP-53 entre Silleda e Lalín, e da N-640 hacia Agolada. E comentamos as bondades deste sistema que permite ver as cidades a pe de rúa.

    Para mostra, un botón:


    Ver mapa más grande

    Tamén comentamos as ventaxas do uso de Spotify para os amantes da música. Esta aplicación permitenos escoitar calquera cancion por streaming e de xeito gratuíto inserta cuñas publicitarias entre canción e canción, por suposto, se queremos evitar esta publicidade ofrécennos un acceso de pago “premium”, que son 9,99 € ao mes ou ben un acceso durante 24 horas por so 0,99 €.

    Tamén acábase de lanzar a versión beta de Voddler, un sistema similar ao Spotify, pero aqui non son cancións o que accedemos de xeito gratuíto se non películas, que veremos tamén por streaming e, loxicamente, teremos que tragar algo de publicidade. A seguinte imaxe é unha captura de pantalla da aplicación, por agora o acceso á mesma é por invitación.

    voddler2

    Estas dúas ferramentas dannos acceso a contidos baixo demanda e en pouco tempo pode que se fagan imprescindibles, xa non necesitaremos o emule…

    No tocante a Aplicacións Móbeis suxerimos a idea de instalar nos móviles con acelerómetros unha aplicación que os convirte en “niveis” que nos axudarán a cousas coma colocar un cadro ben dereito ou saber a inclinación do chan onde imos colocar una tenda de campaña.

    nivel

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Antonio Rodríguez
     
    6 Noviembre, 2009Deixar un comentario

    Xa conseguimos unha conta no Google Wave e poidemos traballar con el, hoxe falamos do Google Wave desde dentro.

    Se alguén está interesado nunha invitación para poder acceder a este novo sistema de comunicación on-line que contacte con nós ou deixe un comentario, é necesario ter unha conta de gmail.

    Google Wave Logo

    Escoitar aquí:  

    En canto a aplicacións móbeis comentamos as ventaxas de convertir o móbil nunha rótulo de leds con aplicacións como LEDit para Iphone ou nBanner para Symbian, por suposto, é recomendable que o móbil teña unha pantalla grande.

    Led It



    Clasificado baixo: Podcasting