• Por Antonio Rodríguez
     
    26 Febrero, 20091 comentario

    robot.jpgHai unha tecnoloxía para cada sentido, no programa de hoxe falamos da posibilidade de integralas para conseguir darlle vida a un robot.

    Deixamos unha serie de enlaces do comentado no programa, algúns son enlaces á wikipedia desde a que ao mesmo tempo atoparedes enlaces a programas de interese.

     

    Escoitar aquí:

     


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    19 Febrero, 20091 comentario

    No programa de hoxe comentamos os atallos de teclado máis frecuentes e que todo usuario debería coñecer xa que axilizan o traballo.

    Escoitar aquí:    

    A continuación deixamos unha lista dos atallos de teclado que consideramos máis importantes, alguns deles son so para pc con Windows, sendo WIN a tecla que se atopa entre o CONTROL e o ALT.

    • CTRL+C Copiar a selección ao Portapapeis.
    • CTRL+X Cortar a selección ao Portapapeis.
    • CTRL+V Pegar o contido no Portapapeis.
    • CTRL+Z Desfacer a última acción.
    • CTRL+E Seleccionar todo.
    • CTRL+W Pechar ventá.
    • CTRL+I Ver Favoritos.
    • ALT + F4 Pecha a ventana (sustitúe o facer clic na X) ollo, se non hai ventás apaga o equipo.
    • TABULADOR Cambia o cursor entre diferentes campos te texto (en páxinas webs ou programas) ou cambia a zona activa (no sistema operativo)
    • WIN + E (de Explorer). Xa non é necesario buscar a icona de “Mi PC”, con este atallo faise aparecer o Explorador de Windows.
    • WIN + D (de Desktop). Minimiza tódalas ventás facendo aparecer o escritorio. Pulsando de novo Windows + D voltaremos á situación anterior. É equivalente a facer clic no icono que aparece no inicio rápido ao lado do botón Inicio.
    • WIN  Fai aparecer o menú Inicio, coma se pulsáramos o botón correspondente.
    • WIN + F (de Find). Arranca o buscador xeral de Windows. 
    • WIN + R (de Run). Aparece o menú “Executar”. 
    • WIN + L (de Login). Para cambiar de usuario (para versións a partires de Windows XP). 
    • WIN + U (de Utilities). Fai aparecer as utilidades de accesibilidade (a partire de Windows 2000). 
    • Windows + F1. Abre a axuda de Windows. 
    • F5 Actualiza o contido da ventá.
    • CONTROL + Roda do rato : Facer zoom, ou dependendo do programa ou sistema operativo cambiar o tipo de vista ou tamaño dos iconos.
    • En procesadores de texto doble clic fai que se seleccione o texto compreto.
    • CONTROL + ALT + SUPR dependendo da versión do windows abre ou da acceso ao Administrador de Tarefas para cando un programa se bloquea e queremos pechalo sen ter que apagar o equipo.
    • Para word e programas de proceso de textos CONTROL máis diferentes letras, no caso de word N, K, S, poñen o texto seccionado en Negrita, Cursiva ou Suliñado respectivamente, a letra en cuestión soe aparecer no botón que fai esa misma operación.
    • CONTROL + CLIC ESQUERDO En navegadores de internet con navegación por pestanas abre o enlace nunha nova pestana moi útil.
    Hai unha chea deles máis e a maioría pódense usar en diferentes programas, o caso de CONTROL+C e CONTROL+V para copiar pegar é practicamente un estandar.

     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Antonio Rodríguez
     
    12 Febrero, 2009Deixar un comentario

    Hoxe fixemos un programa un pouco máis distendido e falamos das incongruencias que vemos no cine cando hai ordenadores polo medio.

    HAL

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Antonio Rodríguez
     
    6 Febrero, 2009Deixar un comentario

    Neste programa demos algúns consellos de mantemento para o noso pc, para evitar ter que formatear o sistema cada vez que vexamos que perde fluidez.

    Escoitar aquí:    

    Para optimizar o noso pc, e que funcione ben dende o principio compre partir dunha boa base, e dicir, nada máis instalar o sistema operativo  (S.O.) e controladores dos dispositivos (drivers) e actualizar o sistema, se o pc acabamos de mercalo e ya trae o S.O. instalado normalmente tamén trae unha serie de aplicacións que na maioria dos casos non se utilizan polo que o mellor, e antes de facer nada, deberíamos desinstalar aquelas que non nos interesan (en windows XP faríamolo desde o Panel de Control e Agregar ou quitar programas, en Windows Vista iríamos a Panel de Control e Programas e Características) sempre tendo coidado co que desinstalamos e estando seguros de que aplicación desinstalamos.

    Despois de facer isto deberíamos limpar o disco duro, para iso, en Windows Xp ou Vista, imos a Mi Pc ou Equipo e sobre a unidade de disco C pinchamos o boton deito do rato e seleccionamos propiedades e Liberar espacio, levaralle un momento realizar os cálculos e posteriormente na ventá que nos abre marcamos os cadros que nos interesen (ollo non XP non marcar “Comprimir arquivos”), e na pestaña “Mas Opciones” facemos clic en liberar en  ”Restaurar sistema e instantáneas”.

    Ventás Limpar Disco

    O seguinte sería defragmentar o disco duro, unha operación que é recomendable facer de xeito periódico (xunto con limpar disco), para isto voltamos a facer clic sobre a unidade de disco co boton dereito e imos á pestaña “ferramentas” aí seleccionamos defragmentar disco. Existen outros defragmentadores de disco que dan mellores resultados por exemplo PerfectDisk

    Outra ameaza para o noso pc son os virus, no caso de que non queiramos instalar un antivirus podemos acceder á eb www.alerta-antivirus.es onde podemos analizar posibles virus no noso pc a través dun antivirus on line, para isto, nesa web accedemos á seccion “Útiles Gratuitos” aí atopamos diferentes ferramentas para protexer o noso pc.

    Despois disto debemos ter coidado instalando aplicacións tratando de evitar de ter demasiadas cando realmente non as utilicemos, ou mesmo instalalas so cando as necesitamos e desistalalas inmediatamente. Isto favorece a fragmentación do disco polo que, como xa dixemos, é bo tratar de desfragmentalo de xeito periódico.

    Escoitar aquí:    

    Se vos quedan dudas, deixade un comentario


    Clasificado baixo: Podcasting