• Por Uxio Fernández
     
    18 Diciembre, 20081 comentario

    Neste programa presentamos diferentes alternativas á consola de turno para facerlle o agasallo de reis aos pequenos da casa.

    Escoitar aquí:     

    Presentamos Swinxs unha especie de consola ca que os nenos practican xogos tradicionais coma o escondite, a pillada etc, para máis información entrade aquí.

    Outra opción para as nenas é o Centro de Beleza Dixital, que se conecta a un televisor e co que a nena pode probar como lle quedarían diferentes estilos.

    Se queremos que se inicien na fotografía temos as diferentes cámaras dixitais para nenos, algunhas delas decoradas cos seus personaxes de debuxos favoritos, mesmo unha cámara espía.

    E por último os diferentes robots coma Spykee que conta con wiki, videovixilancia e unha chea de prestacións, Tekno o canciño que pode servir cando un cativo se encapricha dun can ou Lego Mindstorms que son diferentes dispositivos para adaptar nos xoguetes de lego e convertilos en robots contan con sensores de movemento, son, luz e que brindan infindas posibilidades de ampliación e complexidade de dos que se poden atopar moitos traballos en youtube.

    agasallotecnoloxico.jpg



    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Antonio Rodríguez
     
    13 Diciembre, 20081 comentario

    You need to a flashplayer enabled browser to view this YouTube video

    Decimos futuro, aínda que xa casi é o presente. Estamos acostumados a ver dispositivos táctiles nos últimos móbiles (coma o iPhone) e outros dispositivos, pero as interfaces de usuario naturais, ou interfaces multitouch van moito máis alá, e de aquí a moi poucos anos vanse convertir nos dispositivos máis empregados na nosa vida coitá, desterrando o rato e o teclado, para interactuar con todo tipo de aparatos tocando só a pantalla.

    Falamos de multi touch, ou multi toque,  porque deixamos de ter un só punteiro a ter todolos que queiramos, empregando só os dedos, e incluso interactuar varias persoas o mesmo aparato ó tempo.

    Deixamovos un video do noso prototipo de estudio para que vos fagades unha idea do que suporá esta tecnoloxía nas nosas vidas.

    Nota: O noso prototipo non está rematado, falta o proxector que emitiría a imaxe sobre a propia mesa, pero podese ver no monitor como funciona.

    Para máis información técnica sobre esta tecnoloxía podedes visitar www.moebiuz.org


    Clasificado baixo: Faino ti mesmo
  • Por Antonio Rodríguez
     
    11 Diciembre, 2008Deixar un comentario

    Achegase o Nadal e moita xente ten pensado regalar un ordenador os seus fillos. Hoxe damos algunhas recomendacións á hora de escoller o PC que máis convén para estos casos.

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    4 Diciembre, 2008Deixar un comentario

    Nos os levedes a engano co título. Non imos falar de como saber o que están cavilando os teus amigos, senón dos útlimos avances no campo do aprendizaxe automatico (unha rama da intelixencia articicial) empregando resonancias magneticas nucleares. Isto é un método non invasivo co que se poden “ler” os patróns cerebrais dunha persoa cando está pensando nun obxeto determinado, e empregar esa información para controlar tarefas informáticas ou mecánicas sinxelas.

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting