• Por Antonio Rodríguez
     
    30 Octubre, 2008Deixar un comentario

    Posicionar as nosas webs nos buscadores de forma axeitada é algo que cobrou moita importancia nestos tempos, xa que é vital que os visitantes potenciais poidan atopala o máis fácilmente posible. Para isto hai que seguir unha serie de boas prácticas á hora de deseñala e escribir o seu contido, de xeito que os algoritmos de Google a indexen nas primeiras páxinas para as busquedas que nos interesan. Estas prácticas chamanse técnicas de SEO (Search Engine Optimization), e aínda que dependen de moitos parámetros, non é complicado facer un bo deseño tendo un pouco de sentido común.

    Enlaces relacionados co programa de hoxe:

    Google Trends
    Google AdSense
    Google AdWords

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    23 Octubre, 2008Deixar un comentario

    O famoso reproductor de mp3, o iPod, cumple 7 anos despois da revolución que supuxo frente os walkman e discman. Hoxe facemoslle unha pequena homenaxe, e falamos un pouquiño tamen sobre os heatmap, ou “zonas quentes” das páxinas web como método de optimizar a atención dos visitantes.

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Manuel Vilariño
     
    16 Octubre, 2008Deixar un comentario

    A consellería de Industria ven de abrir hai apenas uns días a principios de outubro unha liña de axudas para que os autónomos poidamos mercar ordenadores portátiles ou de sobremesa cuns descontos importantes. En concreto, tratase dun desconto dun 45% hasta un máximo de 350 euros na base impoñible da máquina. Ademais do sustancial da rebaixa, o mais interesante e que non hai que andar con papeleos eternos para poder conquerir a axuda, xa que só e necesario a presentación do DNI e unha copia do pagamento do último recibo de autónomos, o demais tramitao a tenda.

    A parte negativa poñena duas cousas. A primeira e que non se poden mercar en tódalas tendas de Galicia e só hai 32 tendas na lista  as tendas en que se poden mercar están nesta orde da Xunta, a segunda e que o prazo non é eterno e hai que mercalo antes de mediados de novembro.

    Para os mais cómodos, un portátil de 1000 euros custaría pouco mais de 750 euros.

    Por certo, dende Industria están a apoiar as iniciativas de software libre e os ordenadores entreganse cunha distro linux e ferramentas de código aberto.


    Clasificado baixo: Novas
  • Por Antonio Rodríguez
     
    Deixar un comentario

    Hoxe en día topamonos en moitas facetas da nosa vida diaria coa necesidade de lembrar contrasinais e números PIN. O noso móvil, a tarxeta do banco, o correo electrónico… son tantas as claves que temos que moitas veces imos ó fácil e escollemos unha palabra ou número moi fácil de recordar ou moi obvio, o cal está compromentendo a nosa información privada.

    Moita xente quitalle importancia a isto, a veces autoenganandose con frases como “de todas manerias dame igual que lean o meu correo, non teño nada que esconder”, ou “a miña contrasinal é unha palabra que só eu coñezo”.  Sen embargo, esas afirmacións non son máis que o producto de unha falsa sensación de seguridade e do descoñecemento do usuario medio do mecanismo das contrasinais á hora de protexer os datos. É por iso que o 99% dos accesos non autorizados a unha información persoal ou clasificada baseanse na confianza e o descoñecemento do propio usuario.

    Imos analizar os erros máis comúns á hora de escoller unha clave, os mitos sobre a importancia ou non de protexer uns datos determinados, e os mecanismos internos das contrasinais.

    Ler o artigo completo


    Clasificado baixo: Consellos
  • Por Uxio Fernández
     
    Deixar un comentario

    Presentación oficial deste blog na sección sobre informática e tecnoloxía que ofrecemos en Radio Lalín como parte do programa “Entre Nos”, os Xoves as 11:00 da mañá, o cal nutre o noso podcast.

    Dende aquí queremos agradecer a David Mejuto a sua axuda suministrandonos cada Xoves os mp3 para o podcast.

    Recordamovos que podedes enviarnos suxerencias dende o blog se queredes que falemos de algún tema en particular no programa.

     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Uxio Fernández
     
    15 Octubre, 2008Deixar un comentario

    Gravatar e un servizo web gratuito que permite asociar unha imaxe a unha conta de correo electrónico. Esa imaxe chamase avatar, de ahí o nome do servizo, e sirve para identificar a unha persoa pola sua imaxe (xa sea unha imaxe real ou unha de dibuxos animados) dentro dun blog ou outro tipo de webs que soporten ese sistema, simplemente empregando o seu email. Este servizo aforra o esforzo de poñer unha imaxe avatar en todos os blogs que escribamos, sen ter que configuralo en cada un de eles.

    Ler o artigo completo


    Clasificado baixo: Consellos
  • Por Antonio Rodríguez
     
    9 Octubre, 2008Deixar un comentario

    Aproveitando o recente viaxe de Manuel Vilariño ás terras orientales, votamos unha ollada dende o noso punto de vista occidental ós mitos e realidades de China e Internet, e falamos un pouquiño sobre o retoque fotográfico e as “trampas” que se fan con el.

     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    2 Octubre, 2008Deixar un comentario

    O mercado dos videoxogos é hoxe en día un dos máis rentables da historia, chegando incluso a superar ó cine, e no que os xogos son xa superproduccións nas que se invirten centos de miles de euros.

    Hoxe repasamos o pasado dos videoxogos, a súa historia, de como pasamos de xogos no que un par de palitos facían rebotar unha boliña ata os modernos xogos no que empregamos todo o corpo para controlalos.

     

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting