• Por Antonio Rodríguez
     
    5 Febrero, 2010Deixar un comentario

    Coa saída do IPad moitas son as marcas que están interesadas en abrirse un oco no mercado dos Tablet PC. Estes dispositivos a cabalo entre o ordeador persoal e as pda prometen poñerse de moda neste ano que acaba de comezar.

    O HP Slate ou o Chrome OS Tablet, de Google, son algúns dos rivais aos que se terá e enfrontar o dispositivo de Apple.

    Escoitar aquí:    


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    29 Enero, 2010Deixar un comentario

    A empresa Haier, de China, presentou no CES2010 un televisor que recibe a enerxía eléctrica a través dun emisor de ondas, e dicir, este televisor é totalmente inalámbrico. Este tv utiliza unha tecnoloxía desenvolvida no prestixioso MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts) que se chama Witricity e que non tardaremos en ver nos nosos fogares.

    Deste novo avance fixémonos eco no programa de hoxe onde tamén lembramos a Nicola Tesla, un visionario que, case cen anos atrás, xa investigara sobre a emisión inalámbrica de enerxía eléctrica.

    E rematamos falando da presentación do decepcionante I-Pad de Apple.

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    22 Enero, 2010Deixar un comentario

    Abrimos o programa cunha introducción na que falamos da  declaración de Guerra á Sgae levada a cabo por un avogado e que xa conta con moitos seguidores.  de feito o grupo creado en Facebook ten xa máis 20.000 membros. O motivo desta declaración de guerra ven do intento da Sgae de que entre en vigor a polémica Lei de Economía Sostible.

    Demos a coñecer o teléfono móbil co que o xigante Google se quere enfrontar ao, xa establecido, IPhone de Apple, o Nexus One.

    Este dispositivo leva instalado o Android, sistema operativo creado tamén por Google, e que xa leva tempo a verse en diferentes dispositivos portátiles. Ademáis tamén contará con cámara de 5 megapíxeles con flash incorporado, GPS, brúxula e total conectividade, 3G (no audio decimos por erro que non ten 3G), Bluetooth, Wifi. Todo nun dispositivo cun deseños sobrio, semellante ao Iphone, cunha pantalla lixeiramente máis grande e de maior resolución 800×480 (fronte 320×480 do IPhone).

    Ademáis este teléfono conta cun procesador, un Snapdragon a 1 GHz, que lle aporta unha potencia gráfica superior á do IPhone.

    Non o poidemos probar pero todo apunta a que se convirta no Gadget do ano, os da mazá inda que xa contan cun dispositivo totalmente introducido no mercado, han ter que se poñer as pilas que queren manter o seu nivel de vendas.

    Escoitar aquí:  

    Como aperitivo, deixo un simpático vídeo de presentacion do “desempaquetado” do Nexus One:


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Antonio Rodríguez
     
    15 Enero, 2010Deixar un comentario

    Presentamos a aplicación on-line, Photoshop.com permítenos almacenar e editar as nosas fotografías, existen outras webs onde podemos atopar aplicacións semellantes coma Pixlr. Outro exemplo máis de aplicacións “na nube”, moi pronto non necesitaremos ter nin un sistema operativo instalado, so unha conexión de banda ancha.

    Ademais Photoshop.com tamén ofrece unha aplicación móbil, máis limitada pero totalmente gratuíta.

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    18 Diciembre, 2009Deixar un comentario

    Ca chegada do nadal a xente busca agasallos orixinais e nos damos algunhas ideas. Partimos de dous posibles agasallos estrela deste nadal un as cafeteiras Nespresso e outros os lectores de E-Books (KindlePapyre, outros…) pero hai diferentes tendas on-line onde atopar pequenos regalos orixinais e divertidos:

    Yo quiero uno de esos

    Think Geek

    Coolest Gadgets

    Yanko Design

    Tegu

    Supermagnete (imanes)

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    12 Diciembre, 2009Deixar un comentario

    Actualmente estamos tendendo a dixitalizar toda a información: libros, periódicos, fotografías vídeo etc, nun futuro poida que toda a información sexa dixital, ou polo menos a información nova, sen soporte físico en papel. No programa debatimos un pouco sobre os problemas que poden derivar de esta tendencia.

    Escoitar aquí:  


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Antonio Rodríguez
     
    4 Diciembre, 2009Deixar un comentario

    Escoitar aquí:  

    Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sostible de modificacións lexislativas que afectan ao libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os periodistas, bloggers, usuarios, profesionis e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

    1.- Os dereitos de autor non se poden situar por enriba dos dereitos fundamentais dos ciudadáns, coma o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

    2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competende exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentencia. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial – un organismo dependente do ministerio de Cultura -, a potestade de impedir ao cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

    3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, perxudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpecendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.

    4.- A nova lexislación proposta amenaza aos novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizouse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, se non de multitude de fontes diferentes.

    5.- Os autores, coma tódolos traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas as súas creacións. Intentar soster con cambios legislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo entorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían buscar outro modelo.

    6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, creíbles e asequibles e que se adecuen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para a fin que din perseguir.

    7.- Internet debe funcionar de xeito libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.

    8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, coma marco para o desenvolvemento dunha economía sostible e realista de cara ao futuro.

    9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

    10.- En democracia as leis e as súas modificacións débense aprobar tras o oportuno debate público e consultando previamente a tódalas partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.

    Únete ao grupo de Facebook En defensa dos dereitos fundamentais en internet.

    Máis info na Asociación de Internautas.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Por Sergio Mella
     
    3 Diciembre, 2009Deixar un comentario

    Actualmente existe novos e moi bos navegadores de internet ¿por qué seguir usando o obsoleto e problemático IE 6? actualízao, instala o Explorer 8, o novo FireFox ou o Google Chrome entre moitos outros. Facilitámosche o traballo cos seguintes enlaces a centros de descarga dos navegadores máis importantes, son todos totalmente gratuítos.

    Internet Explorer 8

    Mozilla Firefox

    Google Chrome

    Opera

    Apple Safari

    E lembra actualizar tamén os plugins coma Flash Player.

    Cando instales e actualices navegadores de internet trata de evitar engadir barras coma a “barra de google” ou a “msn tool bar” agora “bing” a non ser que sexa algo que necesites ou utilices. Os antivirus por exemplo, tamén engaden barras aos navegadores de internet, non desaconsellamos o seu uso pero cando se acumulan barras de ferramentas a ventana na que se amosan as páxinas web faise cada vez máis pequena o que dificulta a navegación, non é máis que un consello, a decisión é túa.


    Clasificado baixo: Consellos
« Entradas antigas